Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Unha festa con inchables na piscina pon o broche final aos cursos de natación de Abegondo

 

Unha festa con inchables na piscina municipal. Así é como o Concello de Abegondo clausurou, esta mañá, os cursos de natación de verán nos que participaron decenas de nenos de todo o municipio.  

Durante a celebración, os mozos non perderon nin un segundo do seu tempo e aproveitaron para lanzarse polos tobogáns inchables dispostos polo Concello de Abegondo con motivo desta festa.  

Ao longo da mañá, os alumnos tomaron parte na celebración en dúas quendas: os primeiros en gozar da clausura foron os alumnos da aula Lúdica de Abegondo, e despois, participaron os nenos que non asistiron á Aula Lúdica de verán.  

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, achegouse ata o recinto municipal ao comezo da festa, na primeira quenda. Durante a súa visita, Santiso aproveitou a ocasión para interesarse polos avances que os mozos nadadores fixeron durante o verán e, de paso, para pasar un intre divertido con eles. "Este tipo de actividades serven como medida de conciliación familiar, algo fundamental en verán. Por esa razón, o Concello sempre apostará por levar a cabo este tipo de iniciativas nas que, ademais, os cativos pasan un bo intre", comentou o rexedor.

En total, a xornada contou coa participación duns cen nenos que se despediron da época estival póndose en remollo na piscina abegondesa.