Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O xinete abegondés Roi Calviño vence no Gran Premio do segundo CSN3* de Luanco

Logo das súas últimas victorias lidera o Wild Card para correr o CSIO de Xixón

Finalizou o programa de competicións da Sociedade Ecuestre Luanco coa disputa do ultimo CSN3*, o terceiro do catro que forman a Ruta Costa Astur, que o próximo fin de semana finalizará no Club Hípico Astur de Xixón.

O gran protagonista dos nacionais de tres estrelas de Luanco foi Roi Calviño, ao realizar pleno. O xoven xinete leva tres Premios gañados, todos recentemente, dous deles os de Luanco. Dous triunfos que lle permiten liderar a clasificación dun dos grandes atractivos desta tempada da Ruta Costa Astur, unha Wild Card para correr o CSIO de Xixón.

A Ruta Costa Astur comezou no Centro Deportivo O Forcón, continuando cos dous concursos de Luanco. A falta do último, o do CHAS de Xixón, Roi Calviño é o primeiro clasificado para a Wild Card.

Eduardo Estrada deseñou un bonito trazado para a proba que puxo o broche final a nove días de concurso, no que seis, da trintena de participantes, puideron sacar o seu pasaporte para o desempate. Un desempate que pechou Roi Calviño con "Enjoy CR", podendo rebaixar o xinete galego e o fillo de "Amadeus un KWPN de nove anos,  o tempo que ata ese momento permitía a Álvaro Díaz liderar a táboa con "Visama Parsifal". O asturiano tívose que conformar co segundo posto co fillo de "Lancer II", co que gañara recentemente un dos Grandes Premios dos nacionais de Manzaneda. Terceiro foi Alberto Honrubia con "Uranus d'L Rousserie".

Tras a última volta de honra, liderada por Roi Calviño, os concursos de Luanco remataron nunha xornada con moito sol e cunhas abarrotadas de público.

[fonte: www.ecuestre.es]