Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo concluíu con gran participación os seus campus de balonmán de verán

Máis de 60 pequenos confirman o auxe por este deporte no municipio

O Concello de Abegondo concluíron onte os seus campus de balonmán de verán, unha disciplina deportiva en auxe no municipio. Foron 60 os nenos e nenas de 7 a 14 anos que participaron na iniciativa municipal, realizada por quinto ano consecutivo.

Dividíronse en dúas quendas: a primeira para a franxa de idade de 11 a 14 anos e a segunda para 7 a 10 anos. As actividades foron variadas, ademais da práctica de balonmán.

Practicaron as modalidades de balonmán praia e balonmán herba, foron á piscina municipal e, en xeral, aproveitaron unha alternativa de ocio saudable neste inicio do verán.