Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Unha trintena de veciños concluíron as súas clases de alfabetización dixital

Recibiron os seus diplomas de mans do alcalde

O Concello de Abegondo clausurou hoxe os cursos de alfabetización dixital e mecanografía que desenvolveu desde inicios de curso na Aula Cemit. Hoxe celebrouse a clausura das accións formativas coa entrega dos diplomas, que correu a cargo do alcalde, José Antonio Santiso.

Foron preto de 30 os alumnos que participaron na iniciativa, coa que o Concello quere contribuír a terminar coa fenda dixital e axudar os seus veciños ao acceso ás novas tecnoloxías e a administración electrónica. O colectivo maioritario de participantes era o de veciños maiores de 55 e tamén de persoas con diversidade funcional.

O curso de alfabetización, estruturado por grupos en función do nivel, abordou conceptos como a iniciación á informática, o uso de Internet, as xestións en liña, as redes sociais ou o tratamento de fotos. O curso de mecanografía tratou temas básicos do teclado e as técnicas para escribir no procesador de textos.

O alcalde felicitou os participantes polo seu “esforzo e ilusión” por seguir aprendendo novas materias, de gran importancia no día a día actual. Os alumnos quixeron felicitar a ”paciencia” da profesora e xa esperan con ganas a nova edición do próximo curso.