Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo presenta na Fegamp o seu plan piloto de augas veciñais para a súa réplica nos concellos de Galicia

O proxecto, executado con fondos europeos, ideou solucións para dotar de condicións sanitarias a auga das traídas veciñais, situación que afecta a 600.000 galegos

 

A problemática existente na agua de consumo de 600.000 galegos ten solución. É o que mostra o plan piloto realizado polo Concello de Abegondo e cuxos resultados presentou hoxe na Fegamp o seu alcalde, José Antonio Santiso, e o coordinador do proxecto, Carlos Ameijenda.

Esas 600.000 persoas abastécense de traídas veciñais, non das redes municipais. Polo xeral esas augas non contan coas garantías sanitarias que marca a normativa e presentan contaminación por diversas substancias que poden prexudicar a saúde.

En períodos de seca, como ocorreu o ano pasado, a problemática agrávase. Foron centos de usuarios os que necesitaron en toda Galicia o apoio das administracións públicas ao quedar sen caudal nos seus mananciais.

O Concello de Abegondo decidiu idear solucións para o abastecemento nestes núcleos rurais sen traída municipal. A posibilidade de que o proxecto piloto sexa replicado noutros puntos foi un dos puntos fortes polos que o plan foi aprobado pola Unión Europea e contou coa participación da Consellería de Sanidade e de Augas de Galicia.

A xornada de hoxe, que tivo lugar en Santiago, serviu como foro para presentar os resultados a concellos de Galicia, que enviaron a técnicos e concelleiros a escoitar o relatorio. Alí presentouse o informe metodolóxico, que permite a súa reprodución por parte doutras administracións.

Con base no devandito proxecto foi a actuación nos sistemas de abastecemento particulares, onde non existe traída municipal, para garantir unha subministración de auga en condicións de salubridade. Foron tres as traídas de Abegondo onde se actuou: Bordelle, Bordel e A Malata. Agora os veciños beben unha auga en condicións e eles mesmos están implicados no proxecto xa que a diario realizan as revisións e operacións de mantemento que precisan os seus novos sistemas.

En sustancia, o proxecto consistiu nunha primeira fase na realización dun estudo do estado de cada unha das traídas veciñais do municipio, algo que nunca se realizou en Galicia. A partir de aí, e de acordo cos veciños, seleccionáronse as traídas para as que se realizou o proxecto de actuación e executouse posteriormente.

Os traballos actuaron os puntos onde se atopaban os problemas, desde a captación ao depósito. “Nas análises atopáronse partículas de manganeso ou aluminio e agora dispoñen unha auga perfecta”, resume o alcalde de Abegondo.

Santiso está convencido de que a gran cantidade de galegos que se abastecen destas traídas veciñal requiren do apoio das administracións para mellorar a calidade da súa auga. Por iso decidiuse presentar o proxecto “que está a espertar moito interese”, destacou.

O rexedor incidiu na importancia de “coidar a auga”. O Concello de Abegondo xa desenvolve o seu terceiro plan LIFE consecutivo que lle concede a UE, neste caso o único municipio de España. Irá dirixido á mellora da calidade de auga nas fontes do Camiño Inglés a Santiago.