Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo lidera un proxecto para unir 18 concellos cunha rede de 24 puntos de abastecemento para peregrinos

A iniciativa posibilitará a creación de 24 puntos de abastecemento de auga con garantía sanitaria no Camiño Inglés

Un proxecto piloto exportable a outros itinerarios culturais europeos é a base do Life Water Way, unha iniciativa posta en marcha por Abegondo e que posibilitará a creación de 24 puntos de abastecemento de auga con garantía sanitaria no Camiño Inglés, un traxecto elixido no 2017 por 11.321 peregrinos. A proposta, que supuxo a concesión do terceiro programa Life por parte da Comisión Europea para o municipio, non é baladí, porque se desenvolverá en 18 concellos e contou ademais co respaldo da Xunta, a Deputación coruñesa e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O obxectivo é que o peregrino conte cada seis quilómetros (tanto nos 113,2 que separan Ferrol de Santiago, como nos 73,4 para quen arrinque desde A Coruña) cun punto de distribución de auga segura que aproveite os mananciais das fontes tradicionais ou das redes municipais, explica Carlos Ameixenda, director da Oficina Life de Abegondo, que avanza que levan un ano analizando as máis de setenta fontes nese Camiño, tanto no verán como no inverno, para coñecer o seu estado. En principio só haberá que crear dúas novas captacións en Ordes: nun punto, porque non hai alternativa, e noutro, porque a que existe sécase en época estival.

As fontes terán todas un deseño similar para facilitar a súa identificación, que contempla, ademais da zona da billa, un banco, unha pérgola e unha árbore froiteira autóctono. O Instituto Tecnolóxico de Galicia será quen deseñe o prototipo de potabilización que levarán, que será por filtración e tratamento ultravioleta, mentres que Augas de Galicia asumirá a obra civil e Abegondo a realización de todos os proxectos. «Estímase que a pegada de carbono dá auga embotellada consumida polos peregrinos do Camiño Inglés é equivalente á que se xeraría se se desprazasen individualmente en coche desde A Coruña a Santiago», sinala Ameixenda para defender un proxecto que pon en valor os recursos hídricos de Galicia, ademais de recuperar o consumo das fontes naturais, que se ha ido perdendo, entre outros motivos, por falta de garantías.

fonte: La Voz de Galicia, 17.06.2018