Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo felicita un veciño de San Tirso de Mabegondo polos seus 100 anos

O alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, achegouse esta mañá ao domicilio familiar para saudar a Antonio Rodríguez Aba, que cumpriu un século de vida o pasado 2 de xuño

 

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, desprazouse esta mañá para felicitar a Antonio Rodríguez Aba, popularmente coñecido como Antonio de Trus. Este veciño, natural de San Tirso de Mabegondo, celebraba hoxe xunto á súa familia os seus 100 anos de vida, que cumpriu o pasado 2 de xuño.

O rexedor abegondés fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en nome de todo o Concello de Abegondo. Santiso Miramontes desexoulle “un bo aniversario e, polo menos, outros cen anos máis”. Ademais, Santiso aproveitou a ocasión para compartir co homenaxeado varias anécdotas e recordos. Durante a celebración, Antonio Rodríguez Aba estivo acompañado polos seus fillos e fillas políticas, polos seus netos e polos seus bisnetos. Con estes últimos, leva practicamente un século de vida.

Cen anos dan para moito, e no caso de Antonio de Trus, a historia repítese. A súa longa traxectoria vital valeulle para ter un posto como axente da Policía Nacional en Barcelona, para traballar como profesor substituto, e para ocupar un cargo como concelleiro no propio Concello de Abegondo. Rodríguez Aba traballou tamén no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), onde se xubilou.

Actualmente, reside na Coruña, pero a súa vinculación co municipio abegondés segue intacta. A pesar da súa avanzada idade, Antonio le todo o xornal a diario e camiña unha hora e media todos os días. “Esa é a forma que ten o de manterse activo”, sinalou un dos seus fillos durante o aniversario.