Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Medio Ambiente inicia a tramitación ambiental do planeamento provisional do Concello de Abegondo

O número de posibles vivendas baixa ás 1.050 ao ser o principal argumento da Plataforma para lograr a anulación do PXOM

 

O Concello de Abegondo dá un novo paso de cara a contar cun plan provisional que responda ás necesidades de desenvolvemento en tanto se elabora un novo Plan Xeral. É a fórmula seguida tras a anulación do anterior no TSXG por mor da denuncia presentada pola Plataforma de Afectados.

A Consellería de Medio Ambiente inicia a tramitación da avaliación ambiental estratéxica simplificada do instrumento de ordenación provisional. Trátase do procedemento que se debe realizar con carácter previo á aprobación provisional no pleno da corporación.

No borrador pódese comprobar a adecuación da proposta ao establecido na Lei 2/2017 de 8 de febreiro de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (LMFAO) e dándolle cumprimento aos preceptos incluídos na sentenza.

Nesta ordenación provisional proponse a eliminación de todos os ámbitos de desenvolvemento, a supresión de ámbitos concretos de solo urbano consolidado atendendo á sentenza, e daqueles solos de núcleo rural onde non existiu actividade urbanística no período de vixencia da PXOM anulado.

É dicir, só se inclúen solos urbanos consolidados e solos de núcleo rural. Os non consolidados e os urbanizables non se poden contemplar. E o solo rústico queda igual, como marca a lei de 2016.

Redúcense de 141 núcleos identificados na PXOM a 85 nesta ordenación provisional proposta. O número de novas vivendas foi un dos principais argumentos empregados pola Plataforma na súa denuncia e iso trasládase agora a este plan provisional, pasando de 2.622 a 1.050 vivendas.

O Concello formula esta redución do número de vivendas de forma obrigada pola denuncia interposta da Plataforma de Afectados, da que forman parte, como recoñeceron, concelleiras de AxA. “O noso desexo sería poder incluír todos os núcleos, pero vémonos obrigados a estas medidas pola denuncia e a posterior sentenza”, explica o alcalde, José Antonio Santiso.

O primeiro edil apunta que este instrumento impedirá unha parálise da construción e espera que lle dea resposta á gran maioría das necesidades. “Desde que coñecemos a anulación puxémonos mans á obra”, sinala.

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo máximo de dous meses, tras identificar e consultar as administracións públicas afectadas e as persoas interesadas no prazo máximo dun mes.

Desde que se aproben as medidas en pleno terán unha vixencia máxima de tres anos e medio. Mentres, o goberno local xa ultima a contratación da redacción do novo Plan Xeral, para o que contará co financiamento por parte da Xunta de Galicia.