Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo celebra este domingo a súa feira tradicional con degustación de chocolate e pinchos de tortilla

O Concello xa prepara a XXII Feira de Cans de Caza para o domingo 10 de xuño

 

O Concello de Abegondo celebra este domingo, 13 de maio, a súa feira tradicional no centro de San Marcos, medida determinada desde este ano para impulsar a actividade no comercio e hostalaría local. Todas as feiras contan coa exaltación dun produto nos bares e cafetarías que neste caso será a tortilla.

Así mesmo, o Concello organizará unha chocolatada para os asistentes. Será no local social de maiores a partir das 11.00 horas.

Abegondo xa traballa na organización da XXII Feira de Cans de Caza. Será o domingo 10 de xuño. Os postos tradicionais manteranse en San Marcos, mentres que a exhibición de cans será en campo da feira.

O evento contará tamén co Encontro de Palilleiras, que será no polideportivo municipal. Os locais de hostalería ofrecerán empanada nesta ocasión.