Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo coroa unha queixería do municipio como gañadora da XIX Feira do Queixo

Durante esta cita gastronómica houbo 9 produtoras, exposición de variedades, degustación de tapas de fabada nos bares, talleres infantís e música. O segundo premio foi para Ángel Sánchez Amil (Curtis), e o terceiro para José Antonio Mato Manteiga de Mesía

 

O centro de San Marcos de Abegondo acolleu esta mañá una das citas gastronómicas que máis calla no municipio: a XIX Feira do Queixo, unha das máis concorridas do ano. E fíxoo batendo unha auténtica marca en cifras de asistencia. Tanto é así, que decenas de persoas se arremuiñaban diante dos postos das 9 queixerías participantes xa desde o inicio das degustacións. Unha vez finalizada a cata, chegaba o veredicto, e os comensais proclamaron a Fina Villamarín Bermúdez, produtora de Sarandós (Abegondo), como a gañadora desta edición.

O segundo premio foi para Ángel Sánchez Amil (Curtis), mentres que o terceiro foi para José Antonio Mato Manteiga de Mesía. O alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, foi o encargado de entregar os diplomas acreditativos aos galardoados desta edición. Así mesmo, o rexedor obsequiou a cada un dos participantes cun detalle, en forma de especie caducifolia, como recordo da súa implicación na feira.

Ademais das variedades clásicas, os catadores puideron probar outras máis inusuais, como queixo con arandos, queixo con mazá e mesmo queixo con malta. Con todo, o queixo compartiu espazo con outros produtos: ás casetas de verduras e legumes, sumáronse outros con tortas, gofres, empanadas, marmeladas, viño, etc.

A cita gastronómica estivo amenizada por actuación da charanga Santa Compaña. A agrupación púxolles o toque musical ás degustacións, pero tamén se desprazou aos bares da zona, onde os clientes puideron gozar, non só da boa música, senón tamén das tapas de fabada que ofrecían hoxe os negocios. Os nenos tiveron tamén o seu espazo con talleres.

José Antonio Santiso Miramontes percorreu varios dos postos da feira para resaltar o “esmerado labor” dos produtores, aos que lles agradeceu a súa participación nesta feira con tanta historia en Abegondo.

Ademais estiveron instalados postos de polbo e de churrasco abertos ao público.