Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A XIX Feira do Queixo chega o domingo a Abegondo coa previsión encher o centro de San Marcos

Haberá 9 produtores no certame, exposición doutros queixos, degustación de tapas de fabada nos bares, talleres infantís e música

 

A Feira do Queixo de Abegondo é unha das feiras máis tradicionais e concorridas do ano no municipio. Este domingo, día 8 de abril, chega á súa XIX edición e o Concello de Abegondo prevé a asistencia de centos de veciños do municipio e arredores ao centro San Marcos, localización onde agora se realizan as feiras.

O público asistente poderá degustar gratuitamente cada un dos queixos artesanais elaborados con leite cru de vaca que se presentan ao concurso. Haberá 9 produtores no certame procedentes da contorna.

Ningún dos queixeiros e queixeiras que venden os produtos na feira elaboran o produto con leite de vaca pasteurizada. A produción é 100% artesanal ao modo do queixo tradicional de Arzúa, cumprindo todos os produtores as medidas hixiénicas e do máximo control sanitario.

Como novidade, este ano o evento contará con produtores doutros queixos fóra do concurso. Traerán San Simón de Vilalba e dúas variedades de queixos de cabra.

Outra novidade este ano será a degustación de tapas nos establecementos hostaleiros da zona, iniciativa introducida polo Concello neste novo formato de feira. Nesta ocasión chégalle a quenda á fabada.

Os nenos terá tamén o seu espazo con talleres. Os participantes levarán de agasallo unha planta de especies caducifolias, como carballos, castiñeiros ou piñeiros.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, destaca que a feira ofrece a oportunidade de levar á casa un “produto artesán de máxima calidade”. O rexedor resalta o “esmero e celo” que os produtores poñen sempre na elaboración dos queixos, e sabendo que a feira se converte nun dos seus principais escaparates.

A degustación comezará ás 12.00 horas e a entrega de premios será ás 13.30 horas. Tamén está prevista unha actuación a cargo da charanga Santa Compaña.

Ademais haberá postos de polbo e de churrasco abertos ao público.


RGporn.com - Download Porno HD