Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo anima os seus locais de hostalaría a participar na segunda Ruta do Pincho Choqueiro de Entroido

O prazo para unirse a esta iniciativa finaliza o próximo xoves 18 de xaneiro. Tras o éxito da primeira edición este ano espérase mellorar as cifras de participación

 

 

O Concello de Abegondo creou o ano pasado a Ruta do Pincho Choqueiro co obxectivo de fomentar a hostalaría local a través dunha acción conxunta aproveitando unhas datas tan destacadas como as do Entroido. Tras o éxito da primeira edición, na que se logrou reunir a 16 establecementos de distintas parroquias do municipio, este ano espérase aumentar a cifra.

O alcalde, José Antonio Santiso, envioulles unha carta aos veciños animando a todos os establecementos que o desexen a participar na Ruta do Pincho Choqueiro 2018. Terá lugar do 9 ao 13 de febreiro, e os interesados deben anotarse antes do xoves 18 de xaneiro no Departamento de Cultura do Concello ou a través dos teléfonos 981 647 996 ou 608 366 854.

Nese período, con cada consumición nestes negocios recibirase gratuitamente un pincho choqueiro, que terá que ter relación cos produtos típicos do Entroido ou ser de produción local. Cando se inscriban, os establecementos participantes deberán indicar que días ofrecerán o petisco e enviarán fotos da tapa, para que o Concello poida difundilas a través das súas plataformas electrónicas e redes sociais.

Cada negocio entregaralles rifas aos seus clientes, proporcionadas polo Concello. Este ano sortearase un lote de produtos de Entroido para cada establecemento. Ademais, entre os establecementos participantes sortearase unha estancia de relax nun balneario da comunidade autónoma.

Para dar a coñecer a situación exacta dos locais participantes, xeolocalizaranse en Google Maps, con acceso mediante código QR desde o teléfono móbil. Desta forma calquera visitante poderá chegar facilmente a cada local.

O alcalde está “convencido” do potencial dos negocios de hostalaría de Abegondo e da calidade da gastronomía da zona e por iso aposta por esta iniciativa que “pretende por unha banda potenciar a celebración do Entroido e a súa gastronomía e por outra ou desenvolvemento local a través do impulso e apoio á hostalería, proxectando a Ruta a nivel supramunicipal pola comarca e contornos a través de todos os medios posibles”.


RGporn.com - Download Porno HD