Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba os orzamentos de 2018 con 1 millón dedicado a investimentos

Santiso avanzou un financiamento de un millón de euros para o saneamiento de Crendes e Orto

 

 

O Concello de Abegondo aprobou no pleno extraordinario celebradoo 19 de decembro os orzamentos municipais para o exercicio de 2018. O documento medra un 3,75% con respecto a este ano reservando unha gran contía, 994.704,71 euros, a investimentos, é dicir, un 23% do total.

O alcalde, José Antonio Santiso, resaltou na súa exposición ao pleno a nova creación dunha liña de axudas para deportistas individuais de Abegondo. Co obxecto de apoiar a súa actividade resérvanse 8.000 euros no orzamento.

Un dos investimentos que destacou o rexedor foi o plan de reparación de centros sociais. Iniciarase, apuntou, polos de Bordel, Montouto, Limiñón, Viós e Presedo. Tamén destacou o proxecto que se acometerá na antiga pista de baile de Sarandós, que se recuperará para punto de encontro e de actividades dos veciños.

No apartado de investimentos, que se incorporarán posteriormente ao orzamento, Santiso avanzou un convenio coa Deputación de 185.000 euros e un proxecto de case medio millón de Augas de Galicia para o saneamento de Crendes e Orto, na contorna do encoro. Uniranse aos 300.000 euros xa comprometidos coa Xunta para levar a cabo una das principais actuacións en servizos básicos.

Tamén fixo fincapé en que se dedica case un 10% da contía total aos servizos sociais, incluíndo a asistencia social ou a atención á dependencia.

Polo demais, o investimento na rede de estradas será de 692.606,16 euros. Incluirá importantes proxectos para a seguridade dos peóns, como a construción dunha nova senda peonil na AC-542, a vía máis transitada de Abegondo, entre Beldoña e San Tirso, proseguindo o plan iniciado o ano pasado nesta mesma estrada en Montouto. Trátase dunha iniciativa trasladada polos veciños ao alcalde para propiciar a súa mobilidade entre o seu núcleo e a zona de servizos de San Tirso.

As partidas contemplan melloras de camiños en todas as parroquias do municipio. Dedícanse tamén fondos para xerar novos aparcadoiros en dependencias moi utilizadas polos veciños. Será o caso da escola infantil municipal ou do campo de fútbol de San Tirso.

O grupo de AxA, único presente hoxe nun pleno coa ausencia do portavoz de SON e da propia portavoz de AxA, asegurou na sesión que todos os fondos para investimentos proceden doutras administracións, unha afirmación errónea que foi corrixida polo rexedor, coa documentación na man. Segundo pódese ver no cadro de investimentos, 319.473,55 euros proceden de fondos propios do Concello.

AxA tamén cuestionou as contías por asistencia ás xuntas de goberno, propondo a súa equiparación ao pleno. O rexedor lamentou "a demagoxia e incoherencia" da proposta dado que a portavoz de AxA gobernou no anterior goberno (2007) cunhas dietas por asistencia ás xuntas de goberno e coordinación de 150 euros. Santiso mostrou a acta de 2007 no que demostraba estes datos.

O tres edís de AxA presentes na sesión defendéronse dicindo que eles non cobraron ese diñeiro. AxA decidiu votar en contra das contas.

POS

O segundo asunto que se aprobou no pleno foi o Plan de Obras e Servizos cofinanciado pola Deputación, neste caso coa abstención da oposición. A relación de actuacións incluída é:

- Reparación camiños na parroquia de Limiñón 45.725,68

- Reparación camiños nas parroquias de Vilacoba, Viós,Cerneda, Presedo e Cos 38.840,22

- Reparación de camiños nas parroquias de Cabanas e Sarandós 38.840,08

- Reparación de camiños nas parroquias de Meangos, Montouto e Mabegondo 37.810,41

- Senda para mellora da seguridade viaria entre Beldoña e O Monte 49.931,02

- Mellora seguridade viaria en vías e espazos públicos 38.950,00

- Extensión de saneamento e abastecemento executadas con medios municipais 30.411,53

TOTAL: 280.508,94

Plan Complementario:

- Reparación de camiños na parroquia de Vizoño 49.073,74

- Mellora da seguridade viaria entre A Picota e As Nogueiras - fase II 49.501,22

- Dotación de servizo municipal de abastecemento a parroquia de Montouto (fase I) 91.500,00