Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Os pequenos de Abegondo conectan con Papá Noel mediante videocoferencia desde Laponia

Os pequenos de Abegondo comezaron hoxe a programación especial de Nadal que deseñou o Concello. E fixérono mediante unha videoconferencia que lles permitiu saudar a Papá Noel desde a Aula Cemit da casa consistorial.

Desde Laponia, nunha paisaxe nevada, Papá Noel foi conversando un a un cos escolares de 3º de infantil (5 anos) do CEIP San Marcos. Os nenos, algúns máis nerviosos que outros, foron trasladándolle as súas peticións de regalos para este Nadal.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, tamén tivo a oportunidade de charlar con el e tratou que os máis pequenos lle pedisen algún regalo para as súas profesoras.

A programación municipal continuará este mércores, 20 de decembro, co Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música. Será ás 18.00 horas no centro cultural O Salón.