Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello organiza o Mercado de Nadal coincidindo coa feira mensual

Haberá obradoiros para nenas e nenos, música, sorteos e degustacións

 

O domingo 10 de decembro terá lugar o Mercado de Nadal coincidindo coa feira do segundo domingo de mes. Ao igual que o mes anterior, o mercado localizarase nas rúas situadas á beira da Casa do Concello de Abegondo.

O Concello organiza para esta ocasión obradoiros de Nadal para os nenos de ata 13 anos.

Como novidade, nesta feira sortearase unha cesta de Nadal para o que contaremos coa colaboración dos comerciantes e hostaleiros de Abegondo. As persoas que asistan á feira e merquen produtos nos distintos establecementos comerciais abertos ao público o domingo da feira ou acudan aos locais hostaleiros situados na zona da feira recibirán unha boleto ou rifa mediante a cal poderán participar no sorteo dunha cesta de Nadal. Para isto deberán depositar nunha urna un exemplar ou resgardo co seu número.

Unha vez máis, contaremos coa actuación do Grupo de Gaitas da Escola de Música a partir das 12.00 horas.

Montaremos unha carpa para o punto de información, os obradoiros e a campaña solidaria de Cáritas, que terá un posto na feira.

A partir deste mercado de Nadal, todas as feiras do segundo domingo de mes contarán cunha degustación ou exaltación gastronómica, dándolles protagonismo aos produtos locais e tamén ás produccións da Reserva de Biosfera. Nesta feira, os establecementos de hostalería da zona da feira interesados ofrecerán degustación de champiñóns elaborados de diferentes maneiras (tapas ou pinchos).

Está previsto que acudan a este mercado arredor de 40 postos con mercadorías ou produtos téxtiles, de artesanía ou alimentación. Tamén se reserva unha zona específica para os produtos do campo.

Finalmente, haberá un posto de churrasco e polbo.