Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Axenda de Nadal do Concello de Abegondo

 

O Concello de Abegondo programa unha ampla axenda de Nadal para as próximas datas. Os actos comezarán coa feira tradicional mensual de segundo domingo de mes. Coincidindo con esta, terá lugar o domingo 10 de decembro un Mercado Solidario de Nadal, no que tamén se realizarán obradoiros de Nadal e sorteo dunha cesta.

O luns 18 os pequenos e pequenas de 5 anos do CEIP San Marcos achegaranse ao Concello para manter unha videoconferencia con Papá Noel dende a Aula Cemit.

O tradicional Concerto de Nadal terá lugar o mércores 20 de decembro ás 18.00 horas no centro cultural O Salón. Entre os asistentes ao concerto sortearase unha cesta de Nadal.

No último día antes das vacacións escolares, o día 21 de decembro, o Carteiro Real visitará o alumnado do CEIP San Marcos para recoller as cartas aos Reis Magos.

Na Aula Lúdica realizarase o 22 de decembro un taller de adornos de Nadal para nenas e nenos de entre 3 e 11 anos. As inscricións para participar nesta actividade deberán facerse no departamento de Cultura do Concello, na Aula Lúdica no teléfono 681 228 696.

A xornada de animación infantil con inchables e obradoiros para os rapaces e rapazas de infantil e primaria terá lugar o mércores 27 de decembro entre as 17.00 e 19.30 horas no centro cultural O Salón. A entrada será de balde.

O momento máis agardado e máximo nestas datas é a chegada dos Reis Magos. A Cabalgata de Reis vai ser no pavillón de San Marcos o 5 de xaneiro a partir das 17.00 horas. Aquelas nenas, nenos ou adultos que queiran participar como pastoras e pastores na Cabalgata poden facelo incribíndose previamente na biblioteca, no departamento de Cultura ou chamando ao teléfono 981 669 266. As inscricións poderán realizarse ata o día 29 de decembro.

Durante as datas de Nadal, haberá na Casa do Concello, na biblioteca e na Aula Lúdica un modelo de carta para escribirlles aos Reis Magos de Oriente e pedir os desexos e agasallos.  

Descargas