Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A cuarta edición do Día da Familia reúne en Beche a 2.000 persoas

Os veciños gozaron dunha comida campestre, rutas en carro, actividades, inchables e a música de Bög, Milson's, Paco Lodeiro, Xilo e Carlos Manteiga

 

O Concello de Abegondo organizou, por cuarto ano consecutivo, o Día da Familia. Ao redor de 2.000 persoas reuníronse na contorna do encoro de Beche para levar a cabo os festexos.

Non foi un día asollado pero a choiva non fixo acto de presenza durante toda a xornada e permitiu que a celebración fose completa. Moitas familias completas; avós, pais e fillos, reuníronse en Beche para gozar dunha multitudinaria comida ao aire libre. O polbo, o churrasco, as tortillas ou a empanada enchían as filas de mesas dispostas polo Concello baixo unha gran carpa.

Tras o ágape o grupo de folk BÖG amenizou a sobremesa e ao mesmo tempo comezaron a funcionar os inchables, os paseos con carro de cabalos ou o torneo de tute tradicional. Dispúxose tamén un Espazo Xove no que os máis pequenos pasárono en grande debuxando e xogando. Ademais, todos puideron refrescarse na festa da espuma.

Máis tarde, os encargados de continuar amenizando a tarde foron Milson´s cun espectáculo concerto que contou coa participación de Bruxo Queimán e Andrea Pousa. Unha actuación que combina as cancións mariñeiras con ritmos e melodías actuais. Logo, ás 17.00 horas, chegou a quenda da tradicional verbena e baile, con Paco Lodeiro, Carlos Manteiga e Xilo, procedéndose no descanso da verbena ao sorteo dunha estancia en familia entre as familias abegondesas e un iPhone.