Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo inaugura dúas novas traídas para os veciños de Bordel e Vizoño

Esta inauguración é o resultado do traballo de catro anos nos que se analizou a calidade da auga das canalizacións municipais. Tras coñecer os resultados e detectar diversas sustancias nocivas na auga, o Concello iniciou un proceso de saneamento destas

 

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, estreou esta mañá dúas novas traídas para os veciños dos lugares de Bordel e Vizoño. Non o fixo só, senón acompañado polo concelleiro de Transparencia, Infraestruturas e Urbanismo, Alberto Seoane, polo subdirector de Augas de Galicia, Roberto Arias, así como polos veciños de ambas as dúas zonas. Así mesmo, para asistir a esta inauguración, decenas de veciños de Tomiño (Pontevedra) desprazáronse ata o lugar precisamente pola relación de 'fraternidade' que os une con Abegondo. E é que, durante este proceso, este municipio pontevedrés actuou en calidade de asesor co Abegondo.

O acto de hoxe é o resultado do traballo de 4 anos nos que, dentro do Programa Life, analizouse a auga das traídas do municipio para saber cal era o seu estado, así como para descubrir os problemas estruturais que estas canalizacións puidesen ter. Tras coñecer os resultados, detectáronse varias substancias nocivas na auga, como manganeso, nitratos e aluminio. Por esta razón, o Concello iniciou un proceso de saneamento e mellora dalgunhas destas traídas. Este proxecto é froito da colaboración entre os veciños e as administracións públicas, que axuntaron esforzos para mellorar a calidade da auga. A longo prazo, o obxectivo é que esta iniciativa se replique noutros municipios de toda Galicia.

Despois de visitar as instalacións da nova traída de Bordel, a comitiva desprazouse ata Vizoño, onde se inaugurou a canalización da Malata. Nas propias instalacións, colocáronse unha fonte e unha placa conmemorativa, símbolos do valor que a auga ten en todo o municipio, e unha especie de homenaxe que os veciños de Abegondo ofrecen aos peregrinos que pasan polo lugar. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, foi o primeiro en catar a auga da nova traída, que cualificou como “moi boa”.