Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A XXI Feira de Cans de Caza, o Encontro de Pailleiras e un encontro equino encherán Abegondo esta fin de semana

 

 

O Concello de Abegondo prepara varios eventos para esta fin de semana que traerán unha grande afluencia de público. O sábado, 10 de xuño, terá lugar o Encontro Hípico, organizado polo club Social CR Sport Horse.

Será desde as 11.00 horas xunto ao campo de fútbol de San Tirso de Mabegondo. Haberá probas de enganche, limoneiras, troncos e cuartas. Pola tarde, ás 17.00 horas terá lugar a competición de agility e as 20.00 horas unha carreira de burros. Durante a xornada haberá inchables, touro mecánico e DJ.

O domingo 11 de xuño chega a cita xa consolidada da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello e a Asociación de Cazadores de Abegondo e que este ano alcanza a súa XXI edición.

Haberá premios ou trofeos aos clasificados nas categorías de:

  • Caza maior

  • Caza menor

  • Pluma

  • Mellor xauría

  • Mellor camada de cachorros

Tamén haberá un premio especial ao mellor can da feira.

Poderanse ver os cans desde as 9.00 ata as 13.00 horas, momento da entrega dos premios. Os asistentes poderán degustar carne de caza. Ao longo da mañá actuará o grupo de gaitas da Escola Municipal de Música de Abegondo.

Pola súa banda, a Asociación de Veciños Santa Eulalia de Abegondo tamén programa un encontro de palilleiras para o domingo, no polideportivo, a carón do campo da feira. Está prevista a participación de 250 palilleiras da comarca e provincia.

Invitarán a café e biscoito a todas as persoas que visiten a feira.