Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Abegondo transforma a antiga Escola do Neno Xesús nun centro social

A primeira fase foi executada a cargo do fondo estatal e a segunda inclúese no POS 2011. O convenio coa Igrexa pola cesión do inmoble ten unha duración de 25 anos

Abegondo, 6 de xaneiro de 2011. O Concello de Abegondo continúa cos investimentos para que todas as parroquias do municipio dispoñan de centros sociais para uso colectivo. Neste sentido, a antiga Escola do Neno Xesús de Figueroa converterase nos próximos meses nunha nova dependencia veciñal, froito das xestións realizadas polo Concello coa Igrexa e do investimento xa garantizada en diferentes plans.

En primeiro lugar, o Concello acordou coa Igrexa a cesión do inmoble, que se encontraba en desuso. O convenio establece unha duración de 25 anos. Dado que o edificio se encontraba en desuso, requiría unha importante remodelación para a súa transformación en centro social.

A escola tiña unha configuración de dúas naves laterais e unha ampla parte central. A primeira fase consistiu precisamente na reforma do espazo central. Foi realizada a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local cun orzamento de 106.797,79 euros. Os traballos xa se completaron.

A segunda fase abordará a reconstrución das naves laterais, o que requirirá un investimento de 93.431,85 euros. O Concello incluíu a actuación no Plan de Obras e Servizos 2011 da Deputación da Coruña.

Unha vez que se emprendan as obras, o goberno local terá logrado un espazo con diferentes dependencias para a celebración de reunións e actividades veciñais, así como servizos ou almacéns.

O alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, apunta que o investimento decidido nos centros sociais responde ao obxectivo de "proporcionar a todos os veciños de Abegondo instalacións que sirvan tanto para dispoñer dun punto de encontro como para gozar dos programas de actividades". Neste caso viuse ademais como unha boa oportunidade para recuperar un edificio emblemático como a Escola do Neno Xesús.

As melloras e actuacións no ámbito da rede de centros sociais tamén se desenvolveron en núcleos como Cullergondo, Meangos, Presedo, Vizoño ou Sarandós, entre outros.